Medicines and Healthcare products Regulatory Agency
Medicines and Healthcare products Regulatory Agency | |
---|---|
Tipo | axencia reguladora |
Data de fundación | 2003 |
Sede | Londres |
País | Reino Unido |
Na rede | |
https://www.gov.uk/mhra | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Medicines and Healthcare products Regulatory Agency (MHRA, traducible como "Axencia Reguladora de Medicamentos e Produtos Sanitarios") é unha axencia executiva do Department of Health and Social Care (Departamento de Saúde e Asistencia Social) do Reino Unido que se encarga de garantir que medicamentos e dispositivos médicos funcionan e son aceptábeis.
Historia
[editar | editar a fonte]A MHRA formouse en 2003 pola fusión da Medicines Control Agency (MCA) e a Medical Devices Agency (MDA). En abril de 2013, fusionouse co National Institute for Biological Standards and Control (Instituto Nacional de Estándares e Control Biolóxicos, NIBSC) e cambiou a súa denominación, coa identidade MHRA utilizada unicamente para o centro regulador do grupo. A axencia emprega máis de 1200 persoas en Londres, York e South Mimms, Hertfordshire.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "About us". GOV.UK (en inglés). Consultado o 2023-08-29.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Medicines and Healthcare products Regulatory Agency |